Namoreime da poesía a unha idade temperá, sendo os meus referentes Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, descubrindo máis adiante a Miguel Hernández e a Mario Benedetti entre outros.
Escribir é a forma máis máxica de comunicación, permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións.
Poesía é liberdade, por eso son como son e non como outros quixeran. Ela é a miña confidenta, o meu desafogo, a miña válvula de escape.